programación
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 4 entradas por persoa.
As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
DOS PREMIOS FEROZ 2026

CICLO A COMEDIA SEGUNDO OS FEROZ
- 10 h. Benvida.
- 10.15 h - 11.15 h. Produtoras da provincia de Pontevedra e camiño internacional.
Por: Mercedes G.Nieto, produtora en M International, Dani Froiz, produtor en Matriuska Cinema e Diego R. Aballe, produtor en Coven Films.
Modera: Uxía Caride, xerente AGAPI.
- 11.15 h - 11.30 h. Descanso.
- 11.30 h - 12.30 h. As rodaxes na provincia de Pontevedra.
Por: Silvia Fuentes (Sétima), produtora de ‘As liñas descontinuas’, dirixida por Anxos Fazáns e Alfonso Zarauza (Maruxiña Films), produtor de ‘Así chegou a noite’, dirixida por Ángel Santos.
Modera: Uxía Caride, xerente AGAPI.
- 12.30 h - 13.30 h. Mulleres que contan.
Por: Nati Juncal, produtora en Cósmica e delegada territorial de CIMA Galicia, Alba Gallego, produtora en Kraken Media e Beli Martínez, produtora en Fílmika Galaika.
Modera: Uxía Caride, xerente AGAPI.
- 13.30 h - 14 h. Quenda de preguntas e clausura.
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 4 entradas por persoa.
As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
CICLO PIONEIRAS: PELÍCULAS E
COLOQUIOS CON MULLERES CRAVE
NA CINEMATOGRAFÍA
A deseñadora de vestiario Cristina Rodríguez impartirá unha clase maxistral na que compartirá a súa experiencia profesional no estilismo para cinema e televisión, explicando o seu proceso creativo e a súa visión do sector. A sesión, organizada coa colaboración de Debut e moderada por Lola Dopico (UVigo), repite o éxito da edición anterior. Rodríguez conta con sete nomeamentos aos Premios Goya e un Premi de l’Audiovisual Valencià por Vivir dos veces, ademais de ser coñecida como xurada do programa “Cámbiame”.
Academia Galega do Audiovisual propón unha actividade centrada no guión audiovisual e o seu papel como estrutura viva dentro do proceso creativo dunha obra. Con esta xornada búscase destacar o guión como unha ferramenta de diálogo entre distintos oficios e sensibilidades, á vez ofrécese ao público unha oportunidade para coñecer os procesos internos que dan forma ás historias que chegan á pantalla.
- 10.15 – 11.30h. Guión e interpretación
Diálogo sobre o proceso de creación das personaxes, a lectura do guíon e a traudción á escena.
Participantes:- Victoria Teijeiro, actriz e guionista
- Ledicia Sola, actriz e guionista
- Fernando Tato, actor, guionista e director
- Paula Cons, directora e guionista
- 11.30 – 13.00h. Guión e a montaxe
Conversa sobre a reconstrución do relato na sala de montaxe.
Participantes:- Laura Piñeiro: montadora de cinema e televisión
- Sandra Sánchez: Directora e montadora
- Ángel Filgueira: Guionista e cineasta
- Gaspar Broullón: montador, produtor e docente.
Entrada de balde con inscrición previa en xornalistas@xornalistas.gal
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e os Premios Feroz organizan un encontro sobre xornalismo cultural. Participarán María Guerra, presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE); Ángel Suanzes, xornalista da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG); e Andrea Villa, especializada en comunicación cultural cinematográfica. Unha conversa aberta sobre os límites da información cinematográfica, as dificultades da especialización, a confusión entre información e promoción ou o papel da crítica.
A cidadanía poderá asistir a este anuncio de xeito público, coñecendo de primeira man os nomes das obras e persoas nominadas que poderán alzarse con algún dos galardóns outorgados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) o vindeiro 24 de xaneiro.
QUE DESVELEN OS CANDIDATOS
Os intérpretes charlarán co público pontevedrés sobre as súas carreiras, o panorama audiovisual actual e comentar os títulos favoritos dos Feroz 2026.
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 4 entradas por persoa.
As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
PALABRA DE CINE!
LITERATURA E CINEMA EN DIÁLOGO
Esta iniciativa busca ofrecer unha ollada máis ampla e repousada sobre a sétima arte,
indo máis alá da pantalla para reflexionar a través dos libros e a palabra escrita.
Todas as sesións son de acceso libre ata completar cabida.
DO CINEMA EN COR
E RAMÓN ROZAS
O libro revisa a figura de Enrique Barreiro, cineasta fundamental e inventor do Yuxtacolor, un audaz procedemento de rodaxe en cor empregado xa en 1925 no filme Pontevedra, cuna de Colón. Esta nova edición, máis visual e didáctica, reivindica o seu apaixoante labor pioneiro e a fundación da produtora Folk en 1931.
Carlos Aurelio López Piñeiro: Autor do libro. É doutor pola Universidade de Vigo cunha tese sobre o relato fílmico. Pioneiro do audiovisual galego, conta cunha ampla traxectoria como guionista, produtor, director, investigador e docente.
Taller Abierto: Colectivo formado polas arquitectas Ana Barreiro e África Martínez, que dende 2013 desenvolven proxectos culturais e expositivos baseados na innovación e a participación cidadá.
ESPAÑA A TRAVÉS DEL
CINE Y LAS SERIES
A autora propón un percorrido por Galicia e Pontevedra a través das rodaxes, analizando a evolución do territorio, o cine rural, a chegada de Hollywood, o cinema popular do franquismo ou as series da Transición. Unha análise de como a ficción escolle onde pousar a cámara para narrar a transformación dun país.
Raquel Piñeiro Portela é xornalista e escritora. Especializada en cultura, cine e gastronomía, ten publicado en cabeceiras de prestixio como Vanity Fair, El País, Condé Nast Traveler ou Elle.
LIBROS E PONTEVEDRA,
VILA DE CINE
Un diálogo entre Diego Moldes e Ramón Rozas sobre a confluencia do cinema, a literatura e a cidade de Pontevedra, destacando a sensibilidade cinéfila da vila dende a época muda ata a actualidade. Servirá de preámbulo á presentación do próximo libro de Moldes, Más grande que la vida. Escritos sobre cine 2000-2025, unha “enciclopedia” que traza un canon fílmico do século XXI.
Diego Moldes é escritor, historiador de cinema e doutor en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Autor de 15 libros publicados en España e Estados Unidos, é un experto recoñecido en figuras como Polanski ou Jodorowsky.
SERIES NOMEADAS AOS PREMIOS FEROZ
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar
capacidade. Máximo 2 entradas por persoa.
As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa.
As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
Clásico moderno dirixido por Álex de la Iglesia no que se mesturan comedia negra, suspense e acción. Carmen Maura protagoniza esta historia, rodeada -e perseguida- de grandes nomes do cinema español (María Asquerino, Jesús Bonilla, Paca Gabaldón, Sancho Gracia, Emilio Gutiérrez Caba, Kiti Mánver, Terele Pávez… e tamén Marta
Fernández-Muro) como membros dunha comunidade de veciños moi particular e sen escrúpulos.
Sinopse: Julia (Carmen Maura) traballa nunha axencia inmobiliaria e atopa 300 millóns escondidos nun piso. A continuación trasládase ao apartamento de arriba e esconde o diñeiro, pero ten que enfrontarse á exasperada comunidade de veciños, encabezada por un administrador sen escrúpulos (Emilio Gutiérrez Caba), que fará todo o posible para retela e quedar coa fortuna.
Duración: 107 min
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa. As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
Drama dirixido por José Luis Garci con Antonio Ferrandis, Encarna Paso, José Bódalo, Agustín González e Marta Fernández-Muro, que narra a historia dun exiliado que regresa á súa cidade natal tras a ditadura e reencóntrase con antigas amizades… e coa muller que foi o seu amor de mocidade. Trátase da primeira produción española gañadora do Óscar á mellor película estranxeira, en 1983.
Sinopse: O famoso escritor Antonio Miguel Albajara (Antonio Ferrandis) regresa en 1981 a Xixón, a súa cidade natal, procedente de Estocolmo onde acaba de recibir o premio Nóbel de Literatura. Durante corenta anos foi profesor na prestixiosa Universidade de Berkeley (California), onde alternou o seu labor docente coa produción literaria que lle deu fama mundial. Volve a Asturias co ánimo de reencontrarse con Elena, un amor de mocidade, e gozar dalgúns dos praceres que debeu deixar atrás por culpa da súa fuxida da ditadura franquista.
Duración: 93 min
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa. As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
DIRECTORA MARGARITA LEDO E A ACTRIZ MÓNICA CAMAÑO
A obra narra a historia real de Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora da ría de Ferrol xulgada por adulterio en 1972, abordando temas como o desexo, a violencia e a atmosfera opresiva da ditadura.
Acceso libre ata completar a capacidade do recinto.
CON EVA LIBERTAD (DIRECTORA) E
ÁLVARO CERVANTES (PROTAGONISTA)
A directora Eva Libertad asina unha emocionante ópera prima que mostra a loita e as dificultades que enfrontan as persoas xordas. Miriam Garlo e Álvaro Cervantes protagonizan esta historia que se alzou co Premio do Público no Festival Internacional de Berlín 2025 (Sección Panorama) e coa Biznaga de Ouro a mellor película, os galardóns para os mellores intérpretes (Garlo e Cervantes) e o Premio do Público no pasado Festival de Málaga. Ademais, conta con 6 nomeamentos aos Feroz 2026.
Sinopse: Ángela, unha muller xorda, vai ter un bebé con Héctor, a súa parella oínte. O embarazo fai aflorar os seus medos fronte á maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla. A chegada da nena xera unha crise na parella e leva a Ángela a afrontar a crianza nun mundo que non está feito para ela.
Duración: 99 min
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa. As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
COS DIRECTORES JOSE MARI GOENAGA
E AITOR ARREGI
7 nomeamentos aos Feroz deste ano para unha conmovedora película na que Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi asinan unha profunda análise da vellez na comunidade LGTBIQ+, como é marxinada e os medos que a atenazan. O seu protagonista, José Ramón Soroiz, borda o seu papel e gañou o premio a Mellor interpretación protagonista no
73 Festival de San Sebastián.
Sinopse: Tras romper coa súa parella, Vicente (76 anos) leva a vida que realmente lle gusta en Maspalomas: o seu día a día pásao tombado ao sol, de festa e buscando o pracer. Un accidente inesperado obrígalle a regresar a San Sebastián e reencontrarse coa súa filla, a quen abandonou anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empuxado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si mesmo que cría resolta. Nesta nova contorna, Vicente deberá preguntarse se aínda está a tempo de reconciliarse cos demais… e consigo mesmo.
Duración: 115 min
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa. As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
CO SEU DIRECTOR ALBERTO VÁZQUEZ
Nomeada como mellor película de comedia nos Feroz 2026, esta longametraxe de animación é un acedo retrato do mundo ultracapitalista e salvaxe que nos rodea. Un moi coidado traballo que transmite no formal e no narrativo.
Sinopse: Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio desmoronase, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo ao seu arredor é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold convéncese de que algo non encaixa. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara a algo que se pareza, aínda que sexa un pouco, á liberdade.
Duración: 89 min
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa. As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
CICLO UNHA CUESTIÓN DE PERSPECTIVA: AS MULLERES NO AUDIOVISUAL GALEGO
11:15 h – Conferencia inaugural de Nati Juncal.
Produtora e delegada de CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais) en Galicia, sobre a situación das mulleres no sector.
A xornada estruturarase en tres mesas de diálogo:
12:00 h – Produción
Analizarase a produción con perspectiva feminista da man de Chelo Loureiro (Abano Producións), Paula Cons (Agalla Films), Uxía Caride (xerente de AGAPI – Asociación galega de produtores independentes) e Anxos Fazáns (Sétima), baixo a moderación da xornalista Ana G. Liste.
16:30 h – Narrativa e Creación
Xa pola tarde, abordarase a dirección, o guión e a interpretación con Jaione Camborda (directora de O Corno), a guionista Lidia Fraga, a directora de fotografía Lucía Catoira Pan e a actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Lucía Veiga. Modera a guionista Diana López Varela.
18:15 h – Exhibición
O debate pecharase analizando o papel dos festivais e circuítos coas intervencións de Ana Domínguez, Xisela Franco, Ana Estévez e Lucía Rodríguez, moderadas por Elena G. Román.
19:45 h – Performance ‘Unha muller cunha cámara’, de Mercé de Rande e Juanma Lod
Fusiona danza e vídeo en tempo real, inspirándose na obra de Dziga Vertov para subverter o rol tradicional da muller.
Acceso libre ata completar a capacidade do recinto.
ACTRIZ ELVIRA MÍNGUEZ E DO DIRECTOR
MANUEL GÓMEZ PEREIRA
Esta adaptación da obra de José Luis Alonso de Santos con dirección de Manuel Gómez Pereira, opta a 5 premios Feroz 2026, incluído o de mellor película de comedia. Unha repartición en estado de graza (Mario Casas, Alberto San Juan, Asier Etxeandia, Elvira Mínguez, Óscar Lasarte e Antonio Resines, entre outros) que compón un divertidísimo vodevil de estilo berlanguiano.
Sinopse: Dúas semanas despois de acabar a Guerra Civil, Franco solicita unha cea de celebración no Hotel Palace.
Un novo tenente, un maître meticuloso e un grupo de prisioneiros republicanos expertos en cociña, deben preparar un banquete impecable en tempo récord. Todo parece ir como unha seda, pero na cociña trámase algo máis que un menú.
Duración: 106 min
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa. As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
‘Arrebato’ de Iván Zulueta é un filme de culto, moderno e posmoderno, que supón toda unha experiencia para o espectador. Eusebio Poncela, Will More, Cecilia Roth e Marta Fernández-Muro brillan neste thriller único e escuro.
No coloquio, Fernández-Muro repasará a súa carreira, as anécdotas acumuladas ao longo da súa traxectoria e os seus traballos con directores como Mario Camus, Pedro Almodóvar, Fernando Colomo, José Luis Garci, Álex de la Iglesia e Iván Zulueta. Experta roubaescenas e rostro imprescindible do cinema español dos oitenta, o seu nome atravesa as últimas décadas do cinema, o teatro e a televisión española –desde ‘Cajón desastre’ a ‘Farmacia de guardia’, ‘Periodistas’, e máis recentemente en ‘Seis hermanas’, ‘Supernormal’ e ‘Sin gluten’.
Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 2 entradas por persoa. As butacas non ocupadas cinco minutos antes do comezo serán postas a disposición do público.
Rafael Cobos, Fran Araújo e Alberto Rodríguez adaptan a obra homónima de Javier Cercas para converter en thriller político un dos episodios máis tensos da historia recente de España. Coas interpretacións de Álvaro Morte, Eduard Fernández, Manolo Solo e David Lorente, trázase unha crónica da Transición á democracia coas súas sombras e contradicións dun país no que aínda latexaba o franquismo. Opta a 5 Premios Feroz.